babadiva monte aloia

BABADIVA AMBIENTAL NO PARQUE NATURAL MONTE ALOIA.
Dende o pasado venres 18 de marzo están a xestionar o Centro de Visitantes do Parque Natural Monte Aloia. O período e horarios nos que estarán dispoñibles son os seguintes:
do 18 de marzo ao 3 de abril: de luns a domingo en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00.
– venres, sábados e domingos no período comprendido entre o 8 de abril e o 15 de maio en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00.
– do 16 ao 31 de maio: de luns a domingo en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00.
Aos visitantes ofreceránselles visitas guiadas polo propio centro así como retos, xogos semanais e ROTEIROS INTERPRETATIVOS GUIADOS GRATUÍTOS, pequenos paseos interpretativos nos que se mostrarán aos participantes os valores do patrimonio natural e cultural deste Parque Natural. O obxectivo é que os participantes poidan ver o Parque con outros ollos.
O horario das rutas guiadas (no período de apertura mencionado anteriormente) é o seguinte:
De luns a venres de 16:30.
Sábados, domingos e festivos: 11:30 e 16:30.
Aptas para todos os públicos e cun máximo de 15 participantes.
Espéranvos!!!

Reservas: 986685095

Babadiva Ambiental

Facebook

logo babadiva

Share This