Actividades semana 29

Axenda semanal actividades no Parque Nacional

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio organiza unha serie de actividades gratuítas dirixidas a diversos públicos, dentro da proposta de Uso Público do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, e enmarcada na proposta temática do aniversario dos Cen Anos de Parques Nacionais.
Nesta seman serán nas illas Cies , Ons e o centro de Visitantes do Parque Nacional en Vigo, Rua Palma nº 4 Casco Vello,

Esta proposta ten como obxectivo principal dar a coñecer os importantes valores do Parque Nacional das Illas Atlánticas, e en xeral dos 15 Parques Nacionais existentes en España, como espazos naturais protexidos e cun valioso legado patrimonial.
Dentro das actividades algunhas delas están dirixidas a un público infantil ou familiar, así como actividades dirixidas a adultos. Todas elas ofreceranse tanto na fin de semana, como pola semana.

Salvo nas dúas actividades mencionadas anteriormente, e que aparecerán marcadas na programación, en tódalas actividades é preciso inscribirse previamente, para garantir grupos reducidos e a calidade das mesmas.

A continuación detállanse as características das actividades que se ofertan:

ARQUIPÉLAGO DE CÍES
Martes 30 ás 12:00h, Actividade con Guía “Coñecendo os fondos mariños do PN Illas Atlánticas” (público xeral).
Xoves 1 ás 12:30h, Actividade “Cen Anos de Parques Nacionais”, esta semana adicada ao Parque Nacional de Cabrera (público familiar, nen@s a partir de 8 anos).
Venres 2 ás 12:30h, Actividade en Familia “Unha viaxe ao pasado das Illas”(público familiar, nen@s a partir de 5 anos).
Actividade nocturna: Sábado 3 ás 22:30 h Proxección nocturna “Os ecosistemas mariños nos PN” (público xeral).
Domingo 4 ás 12:00h, Actividade con Guía “As árbores das Illas” (público xeneral).

ARQUIPÉLAGO DE ONS
Luns 29 ás 12:15h, Actividade infantil “Xogo para coñecer as Illas” (público familiar, nen@s a partir de 5 anos).
Mércores 31 ás 12:30h, Actividade “Cen Anos de Parques Nacionais”, esta semana adicada ao Parque Nacional de Cabrera (público familiar, nen@s a partir de 8 anos).
Xoves 1 ás 12:30h, Actividade en Familia “Unha viaxe ao pasado das Illas” (público familiar, nen@s a partir de 7 anos).
Actividade nocturna: Venres 2 ás 22:30 h. Proxección nocturna “Os ecosistemas mariños nos PN”.
Sábado 3 ás 12:00h, Actividade con Guía “As bolboretas do PN de Illas Atlánticas” (público xeneral).

CENTRO DE VISITANTES DO CAMBÓN (Vigo)
Martes 30 ás 19:00h, Actividade Cultural (adultos) “Xoias de flora do PN Illas Atlánticas”(*)
Xoves 1 ás 18:30h, Actividade Infantil “Día de pesca sostible no PN das Illas Atlánticas” (Público infantil a partir de 5 anos).

Venres 2 ás 19:00h, Cine en Verde: “Os ecosistemas mariños nos PN”(*) (Adultos).
Sábado 3 ás 12:00h, Actividade en Familia “Unha viaxe ao pasado das Illas” (público familiar, nen@s a partir de 7 anos).
Domingo 28 ás 12:00h, Actividade “Cen Anos de Parques Nacionais”, esta semana adicada ao Parque Nacional de Cabrera (público familiar, nen@s a partir de 8 anos).

Solicitudes
Prazas limitadas. Tódalas actividades requiren inscrición previa, salvo as marcadas (*).
Información e Inscrición en: Tódalas persoas interesadas en participar nalgunha destas actividades, deberán reservar a súa praza a través das seguintes opcións:
– Puntos de Información das Illas Cíes e Ons
– Centro de Visitantes do PN (Edif. Cambón, Rúa Palma 4, Vigo)
– Ou no teléfono 886 218 082

Cada persoa poderá participar, como máximo, en dúas das actividades propostas dentro de cada arquipélago ou do Centro de Visitantes do Cambón, para favorecer a participación de máis persoas interesadas nas mesmas. Habilitarase tamén unha lista de espera, coa que cubrir posibles baixas.

Nas actividades familiares e nas infantís, os menores deberán ir acompañados de un adulto, e admitiranse como máximo dous menores ao seu cargo.

As actividades nas Illas serán gratuítas, pero cada persoa participante deberá asumir o transporte ao arquipélago.

No caso de no poder asistir á actividade, deberá anularse a reserva no teléfono facilitado do Centro de Visitantes do Cambón, como mínimo dous días antes do comezo da actividade, para favorecer que esa praza poida ser cuberta por outra persoa da lista de espera.

Calqueira das actividades poderá ser anulada se as condicións meteorolóxicas son adversas ou por causas de forza maior.

Share This