© Manuel Agulla Rodríguez

As estrugas de mar colorean o litoral rochoso

na baixamar

Estruga de mar/Tomate de mar (Actinia equina)                                                                                    Actiniidae

Colorida imaxe de Manuel Agulla Rodríguez de estrugas de mar (Actinia equina) colonizando a baixamar rochosa no litoral das Rías Baixas de Galicia. A estruga de mar é  unha especie de animal mariño moi común no mesolitoral medio e inferior (zona do fondo mariño que queda somerxida ou emerxida en función do estado das mareas). É especialmente abondosa nas rochas, fendas e charcas de marea.

Estas estrugas adoitan presentar unha cor avermellada, parda e mesmo verde, aínda que en menor medida. Teñen a capacidade de poder achantar os seus tentáculos, que son urticantes, no interior do corpo, especialmente coa marea baixa como presentamos nesta imaxe. Así pechadas dan a sensación de semellar un pequeno tomate, de aí que Actinia equina tamén sexa coñecida tamén coma tomate de mar. De corpo cilíndrico, acadan os 5 cm de diámetro.

Aliméntase principalmente de pequenos peixes, crustáceos e moluscos que captura cos seus tentáculos urticantes.

Premer sobre a imaxe para a poder ampliar:

Imaxe: © Manuel Agulla Rodríguez

Share This