Morus_bassanus_adu

Nas illas en xeral, e nas do Parque Nacional marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada) en particular, abundan os lugares adecuados para a cría das aves mariñas.

Ademais da escasa presenza humana e a ausencia de depredadores, a abundancia de recursos mariños fan dos diferentes arquipélagos do Parque Nacional un lugar adecuado para a cría e presenza dunha gran variedade de especies.

Destacan especialmente as colonias de aves mariñas, que obteñen aquí o alimento do mar e ademais evolucionaron desenvolvendo adaptacións específicas para sobrevivir neste medio, como no caso das glándulas desalinizadoras, plumaxe impermeable ou patas palmeadas.

Son miles as aves mariñas que nidifican e forman colonias de cría nos cantís e illotes destas illas, destacando como sedentarias a gaivota patiamarela, o corvo mariño cristado, a pardela cincenta, a gabita e tamén o paíño, o gaivotón ou a gaivota escura.

Á marxe das aves mariñas que aniñan e crían nestas illas, nas augas do Parque e na súa contorna, atopámonos dependendo da época do ano, coa presenza dun numeroso grupo de especies que non son nidificantes pero que sí dependen das súas augas para sobrevivir.

Referímonos ás aves mariñas que nos acompañan nas súas migracións estivais e invernantes, ou nos períodos de paso prenupcial e postnupcial, coma no caso de moitas aves peláxicas. Son, entre moitas outras, as pardelas baleares e furabuchos, mascatos, palleiras, carolos, papagaios ou araos dos cons.

Ademais tamén contamos coa presenza doutras moitas aves mariñas de paso como corvos mariños reais, carráns comúns ou gaivotas chorona e cabecinegra.

Imaxes: 

– Mascato (imaxe destacada):”Northern-Gannet-8” by Andreas Trepte – own picture, Helgoland North Sea. Licensed under CC BY-SA 2.5 via Wikimedia Commons.

– Pardela cincenta: Gelbschnabel-Sturmtaucher DSC 0111-Padela” by Foto: Martina Nolte, Lizenz: Creative Commons by-sa-3.0 de. Licensed under CC BY-SA 3.0 de via Wikimedia Commons.

– Adulto e subadulto de gaivota escura: Larus fuscus graellsii1“. Licensed under CC BY-SA 3.0 via Wikimedia Commons.

– Gaivota cabecinegra:”Larus melanocephalus02” by Daniel Pettersson – Taken from the photographer’s (Daniel Pettersson) website (http://www.fagelfoto.se) with kind permission. Uploaded by oskila. Licensed under CC BY-SA 2.5 via Wikimedia Commons.

– Carolo e araos dos cons:Tordalke01” by T.Müller – Own work. Licensed under CC BY 2.5 via Wikimedia Commons.

– Carrán:  via Wikimedia Commons.

– Gaivotón:  via Wikimedia Commons.

– Papagaio:  via Wikimedia Commons.

– Arao:  via Wikimedia Commons.

– Papamerdas:  via Wikimedia Commons.

– Gabita en voo:  via Wikimedia Commons.

– Arao dos cons:  via Wikimedia Commons.

– Gaivota chorona:  via Wikimedia Commons.

– Paíños do mal tempo:  via Wikimedia Commons.

– Carolo:  via Wikimedia Commons.

– Corvo mariño cristado:  via Wikimedia Commons.

-Paíño: via Wikimedia Commons.

-Papagaio 2: via Wikimedia Commons.

-Araos: via Wikimedia Commons.

 

Share This