cartel-400x565 (1)

O vindeiro luns 15 de agosto levarase a cabo a xornada “As bolboretas da noite, organizada polo Grupo Naturalista Hábitat e o Colectivo Matogueira. A actividade terá lugar no Local da Comunidade de Montes de Coruxo (subida a S.Sebastián, 23. Fragoselo, Vigo – ver mapa), e consistirá nunha charla que comezará ás 21:00h  “Avelaíñas, bioloxía, hábitats e técnicas de estudo”, seguida dunha saída nocturna ás 22:15h con identificación de especies, que finalizará ás 2:00h.

A actividade é de balde e aberta ao público, sendo as prazas limitadas. Para participar é imprescindible a inscrición previa a través do formulario electrónico dispoñible na seguinte ligazón: Acceso ao formulario de inscrición.

A data límite para a inscrición son ás 17:00h do domingo 14 de agosto de 2016.

Todos os participantes contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil a cargo do G.N.Hábitat. A organización aportará o material necesario para o desenvolvemento da xornada. Pola súa banda, aconséllase aos asistentes que leven roupa cómoda e de abrigo, calzado axeitado, auga e comida, lanternas ou algún tipo de iluminación, así como  repelentes de mosquitos. Do mesmo xeito, todos os participantes confirmados deberán achegarse ata o punto de encontro polos seus propios medios.

Dúbidas e comentarios no 981 135 014 ou en inscricion@gnhabitat.org

Share This