_6095210

Casos de depredación de lagarto arnal por gaivota patiamarela no Parque Nacional das Illas Atlánticas (EN)

Casos de depredación de lagarto arnal por gaivota patiamarela no Parque Nacional das Illas Atlánticas (EN)

Resumo: O lagarto arnal (Timon lepidus) mantén poboacións de gran interese en varias illas, tanto polo seu status de conservación como polas particulares interaccións ecolóxicas que nelas se desenvolven. No caso do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, esta especie convive cunha importante colonia de cría de gaivota patiamarela (Larus michahellis). Dende o ano 2009 até 2015 detectamos neste Parque Nacional sete casos de consumo de T. lepidus por L. michahellis. Trátase dunha conduta nunca antes documentada e de recente aparición, que podería estar relacionada cos efectos que o peche de vertedoiros e a redución de descartes pesqueiros están a ter nesta especie de gaivota. O carácter ocasional desta depredación non fai esperar efectos apreciables nestas poboacións insulares de lagarto arnal.

Descargar o PDF: Casos de depredación de lagarto arnal por gaivota patiamarela no Parque Nacional marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia

Autores: Vicente Piorno, José-Antonio Fernández & Guillermo Velo-Antón.

Publicado en Boletín Asociación Herpetológica Española

Data de aceptación: 3 de novembro de 2015

Imaxe destacada: 

Fernando Rey DaLuz

Galería:

Fernando Rey DaLuz

LuzLux

ReyDaluz

 

Publicado por

Cíes.gal

Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.