Areal da Nosa Señora. Illas Cíes (I)

  /  FOTOBLOG   /  Areal da Nosa Señora. Illas Cíes (I)
Areal-da-Nosa-Señora: Pedro Figueras

Areal da Nosa Señora. Illas Cíes (I)

Pequena e recollida cala na illa do Faro ou do Medio, que mira ao illote dos Viños e á illa de San Martiño ou Sur.

Tamén é coñecida como praia dos Chucos, por estar alí, nun pequeno outeiro, os restos da vella taberna do Chuco. Moito antes fora un calabozo.

O nome da Nosa Señora seica xurde cando os veciños de Cangas nas festas do Cristo, desembarcaron aquí en 1927, a figura da Virxe do Carme, tras unha procesión marítima pola ría de Vigo.

Conta cuns 140 metros de lonxitude por 20 metros de ancho coa marea baixa. Compre ter en conta que cando esta sube cubre case que todo o areal.

Share This