Areal de Figueiras en soidade nas Illas Cíes

  /  FOTOBLOG   /  Areal de Figueiras en soidade nas Illas Cíes

Areal de Figueiras en soidade nas Illas Cíes

Areal de Figueiras en soidade nas  Illas Cíes

Idílico areal de tradición nudista, das primeiras de Galicia, tamén é coñecida co nome de praia dos Alemáns.

Esta outra denominación fai referencia a unha familia desta nacionalidade afincada en Vigo, os Steimbrüggen. Aquí montaban o seu campamento na época estival, alá polos anos 50/60 do pasado século.

Ao fondo da praia hai unha pequena cala, Figueiriñas.

Esta praia está situada na illa de Monteagudo ou Norte, protexida en parte dos ventos do sur polo sistema de dunas de Muxieiro. Destaca o seu fino gran de area de cor moi branco, que adopta un peculiar son ao ser pisado, as augas turquesas, limpas e cristalinas e o feito de contar con lugares de sombra durante todo o día, malia ser proporcionada por eucaliptos de gran porte.

Neste areal tamén desauga un pequeno regato case seco no verán.

Destacan ao norte do areal os restos dunha praia fósil.

Tamén podes ver:

FOTOBLOG-TURISMO: Areal de Figueiras. Illas Cíes (I)

Premer sobre a imaxe para a poder ampliar:

Imaxe:

© José A. Campos

Share This