Arenal-de-Figueiras

Areal de tradición nudista, das primeiras de Galicia. Tamén é coñecida co nome de praia dos Alemáns.

Esta outra denominación fai referencia a unha familia desta nacionalidade afincada en Vigo, os Steimbrüggen. Aquí montaban o seu campamento na época estival, alá polos anos 50/60 do pasado século.

Ao fondo deste areal hai unha pequena cala, Figueiriñas.

Esta praia está situada na illa de Monteagudo ou Norte, protexida en parte dos ventos do sur polo sistema de dunas de Muxieiro.

En total suma uns 350 m de lonxitude por 50 m de ancho.

Continuará..

Share This