Arco con gravado. Os seus lugares. “Ons: unha illa habitada”. Capítulo 4 (X)

  /  BIBLIOGRAFÍA   /  Arco con gravado. Os seus lugares. “Ons: unha illa habitada”. Capítulo 4 (X)

Arco con gravado. Os seus lugares. “Ons: unha illa habitada”. Capítulo 4 (X)

Ons: unha illa habitada · Paula Ballesteros-Arias e Cristina Sánchez-Carretero

CAPÍTULO 4 (X)

Os seus lugares

Arco con gravado

 

Trátase dunha peza de granito tallada en forma de arco con inscrición. Atópase inserido na parede interior dunha corte.

A inscrición está realizada con punteiro metálico na que se pode ler “SANTA MA” e que parece cortada polo que na súa orixe a inscrición continuaría. Dende o punto de vista estilístico, trátase dunha letra humanística con cronoloxía entre o século XVI ata a actualidade, pero polo seu desenvolvemento estaría entre o século XVI e XVII.

Descoñécese a súa situación orixinal, aínda que por unha referencias documental do 1598, na que se da conta da visita arzobispal, e na que se recolle a presenza de 19 feligreses, sábese que na illa houbo unha igrexa con advocación a Santa María da Illa de Ons, dentro do Arcedianato do Salnés. [Arquivo da Catedral de Santiago (1598), Visitas do arzobispo Libro III 1598, IG- 277, f. 186 vº].

 

Imaxe destacada: detalle arco con gravado no interior dunha corte en Ons © CSIC

Se dispón de conexión a internet, recomendámoslle que consulte o vídeo “Ons: mar, terra e identidade” a través deste enlace

 

Título: Ons: unha illa habitada

Autor: Ballesteros-Arias, Paula ; Sánchez-Carretero, Cristina

Dispoñibilidade: Descarga gratuita en Apple

Ler tamén: Ons: unha illa habitada

Share This