agaia nocturna

Actividade de Iniciación á observación nocturna con AGAIA

Este ano non podía faltar! Volvemos a realizar unha xornada de astronomía, desta vez faremos unha iniciación á observación do ceo nocturno. Qué, cómo e onde observar?

Reserva a túa praza para coñecer todas as respostas…

Realizarase unha charla de iniciación ás 20.00 horas e posterior observación en torno ás 23.00 horas, para favorecer a escuridade do ceo, na zona de A Madroa (Vigo).


Prezos:

Socios AGAIA: 3 €

Non socios: 6 €

Data: mércores 19 de xullo

Lugar: entorno monte de A Madroa en Vigo

Prazas limitadas até completar grupo. (Grupo máximo de 25 persoas)

Reservas e información:

Email: agaias.info@gmail.com

Teléfono: 677 525 930

*Actividade suxeita a cambios ou cancelacións por condicións adversas ou causas de forza maior.

AGAIA-Asociación de Guías Acreditados das Illas Atlánticas de Galicia

Premer sobre a imaxe para a poder ampliar:

 

logo Agaia

Share This