peixes divulgare

É indubidable que o incremento do tráfico marítimo internacional favoreceu o desenvolvemento económico a nivel global. Non obstante, este incremento no fluxo de mercadorías polos mares do mundo tamén está a supoñer un incremento no risco de que se produzan verteduras accidentais de substancias nocivas e perigosas para o medioambiente. Por outra banda, a nosa sociedade tamén percibe cada vez máis axeitado conservar determinados ecosistemas mariños polas vantaxes que iso leva consigo. As vantaxes dos ecosistemas mariños ben conservados son moitas. Non obstante, a nosa sociedade segue dividida no conflito derivado desa dualidade de preferencias: desenvolvemento económico versus conservación ambiental.
O proxecto Arcopol non pretende posicionar ó espectador a favor de ningunha destas alternativas vitais. Unicamente pretende poñer o problema sobre a mesa, achegando unha solución intermedia viable: o desenvolvemento de plans de continxencia que permitan minimizar no posible calquera problema derivado dunha posible vertedura.
Este vídeo conta co apoio da Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, para a producción de contidos audiovisuais docentes en galego (anl.uvigo.es).
arcopol.eu/
divulgare.net

Share This