© Suso Framil

A Punta do Príncipe en Montefaro. Illas Cíes

Insólita e impoñente perspectiva de Punta do Príncipe e dos cantís de Montefaro na illa do Medio do arquipélago das illas Cíes.

Unha vista dende o mar, na canle do freu da Porta que separa cos seus 500 m as illas do Medio ou Montefaro da illa Sur ou San Martiño. Á dereita da imaxe sorpréndenos a entrada á furna ou cova mariña da PortaEnriba de todo, a uns 180 metros sobre o nivel do mar, a silueta do faro de Cíes. Unha imaxe de Suso Framil. Na Ría de Vigo. Rías Baixas de Galicia. No Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada).

Tamén che poden interesar:

As furnas ou covas mariñas das illas Cíes e Ons/Onza (I). Fotogalería.

Guía xeolóxica Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia

Premer sobre a imaxe para a poder ampliar:

Imaxe:

© Suso Framil

Share This