A ONU discute a conservación da biodiversidade mariña en augas internacionais

  /  ACTUALIDADE   /  A ONU discute a conservación da biodiversidade mariña en augas internacionais

A ONU discute a conservación da biodiversidade mariña en augas internacionais

A ONU discute a conservación da biodiversidade mariña en augas internacionais

O Instituto Español de Oceanografía formou parte da delegación española

Durante as últimas semanas, delegacións de todo o mundo reuníronse na sede central de Nacións Unidas en Nova York para discutir sobre a conservación e uso sustentable da biodiversidade mariña en augas máis aló das xurisdicións nacionais e alcanzar un acordo vinculante para a protección e xestión destas zonas que ocupan o 60% dos océanos.

O pasado 21 de xullo finalizou unha reunión na sede de Nacións Unidas en Nova York cuxo obxectivo foi sentar as bases dun acordo internacional vinculante para a protección e xestión do medio mariño en alta mar e nela participou o investigador do Instituto Español de Oceanografía (IEO) e coordinador de Relacións Relaciones Internacionais Carlos García-Soto.

Este futuro acordo ten a súa base legal na Convención da Lei do Mar de 1982 e incluirá entre os seus apartados a lexislación referente ás futuras áreas mariñas protexidas internacionais, as avaliacións de impacto ambiental en augas internacionais, o futuro uso dos recursos xenéticos mariños, etc.

O documento aprobado describe, por exemplo, o proceso de designación das áreas mariñas protexidas en alta mar: dende os criterios de identificación, as posibles vulnerabilidades e ameazas, as consideracións socioeconómicas ou o plan de seguimento e investigación. “Os criterios de identificación destas áreas incluirán a súa importancia para especies ameazadas, a fraxilidade dos ecosistemas, a súa rareza e representatividade, a conectividade dos hábitats e o seu resiliencia ou capacidade de resistir o cambio climático”, explica García-Soto.

Esta reunión é a ultíma de catro sesións do chamado PrepCom ou Comité Preparatorio que tiveron lugar en Nacións Unidas durante 2016 e 2017 para asesorar á Asemblea Xeral que decidirá sobre o futuro acordo en 2018 ou 2019

“Actualmente a gobernación en augas internacionais é moi débil”, apunta García-Soto. “A futura lei responderá á necesidade de ampliar as medidas de protección, cubrir as lagoas rexionais e mellorar a coordinación entre os diferentes organismos xa existentes.

Imaxe: © cies.gal.185-176-9-161.185-176-9-161.vpservidores.com

 

Share This