roteiro casco vello 2

Obradoiro de Contaminación luminosa e astronomía & roteiro polo centro histórico de Vigo. “A noite acesa”

Para coñecer máis sobre a contaminación luminosa e os problemas que implica, este obradoiro consistirá nunha charla-obradoiro no salón de actos do edificio do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia (Rúa Oliva 3), seguido dun roteiro pola centro histórico de Vigo.

Impartido por Lucía Giráldez Costas, de Calidade do Ceo Nocturno, e Pablo Martínez Alemparte, da Asociación Astronómica Rías Baixas.

O Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia é Destino Turístico Starlight, figura que recoñece as súas excepcionais cualidades para a contemplación dos ceos nocturnos. Para saber máis sobre a contaminación luminosa, podedes visitar a exposición temporal “A Contaminación luminosa depende de nós” no noso Centro de Visitantes ata o 5 de abril.

Martes, 3 de Abril dende as 19:00 ata as 21:30

roteiro casco vello

Share This