Abruñeiro-V-min (1)

Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Arquipélagos de Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada.

A maior parte da superficie terrestre do Parque está cuberta por matogueira aínda que esta presenta particularidades específicas segundo os distintos arquipélagos. A maioría son matogueiras costeiras, outras vexetación de cantil, e noutros casos representan etapas previas á rexeneración da vexetación arbórea, con masas impenetrables de toxosfentos e silvas. Mesmo aparecen breixeiras húmidas que medran en solos máis profundos, con presenza de carpaza mouracardo e toxo.

Tamén aparecen na matogueira as xesteiras. En Ons temos unha xesta exclusivaúnico endemismo do Parque, a Cytisus insularis que convive coa Striatus.

Do mesmo xeito, xorden formacións de abruñeiros e mesmo estripeirossalgueiros, loureiros e sabugueiros. Estas masas de matogueira son un lugar ideal para refuxio, aniñamento e cría de numerosa fauna terrestre, xa ben avesréptiles ou mamíferos.

Sorprende a ausencia de breixeiras nas illas Cíes e a escasa representación de xesteiras.

En próximos artigos afondaremos sobre este tema e a vexetación dos cantís e dos sistemas de dunas.

 

Imaxes:

Imaxe destacada: abruñeiro en floración.

Santiago Boado Aguinaga

Share This