Lontras nas Illas Atlánticas de Galicia

  /  NATUREZA   /  Lontras nas Illas Atlánticas de Galicia

Lontras nas Illas Atlánticas de Galicia

Imaxe dunha lontra (lutra lutra) na illa de Cortegada.

As lontras son mamíferos que se atopan máis a gusto na auga que en terra firme. Están dotadas dunha tupida pelaxe impermeable que lles permite conservar a calor do seu corpo. Son grandes nadadoras que poden pechar as súas fosas nasais baixo a agua, puidendo permanecer baixo a auga até 6 minutos sen saír á superficie para respirar.

Atrapan as súas presas coas patas dianteiras, xa ben peixes, moluscos e bibalvos. Sorprende o feito de que usen ferramentas coma pedras para partir as cunchas sobre o seu peito.

As lontras poden entrar en celo en calquera época do ano aínda que se observan maior cantidade de partos durante a primavera. Normalmente resultan dúas ou tres crías, que nacen cegas e sen dentes. O seu período de lactancia é duns dous meses, abandonando o territorio materno logo de aproximadamente un ano, cando comezan a vagar en busca de establecer o seu su propio territorio, que quedará adscrito logo de dous anos do seu nacemento.

No Parque Nacional están presentes en todos os arquipélagos, constatándose a súa reproducción e cría polo menos nas illas Cíes.

Imaxe:

Roberto Verde

Share This