A forza do temporal batendo contra as illas Cíes

  /  NATUREZA   /  A forza do temporal batendo contra as illas Cíes

A forza do temporal batendo contra as illas Cíes

A forza do temporal batendo contra as illas Cíes

O arquipélago das illas Cíes, situadas na boca de entrada á ría de Vigo actúa coma un dique natural cando se producen grandes ondadas dende o océano Atlántico convertindo a nosa baía nun porto comercial cunhas características únicas.

Imaxes capturadas polo persoal do Parque Nacional marítimo-terrestre das illas Atlánticas de servizo en Cíes a comezos do mes de febreiro de 2017.

Nesta ocasión as ondas superaron o dique artificial da “Lagoa dos Nenos” facendo desaparecer a propia lagoa e a lingua de area da praia de Rodas que une as illas de Montefaro e Monteagudo.

Pódeche interesar tamén:

O mar modela o litoral de Cíes: Ondada sobre o dique da Lagoa dos Nenos

VER VÍDEO:

Imaxe destacada:

© Cíes.gal

Imaxe audiovisual:

© PNMTIAG

Share This