© Basilio Cegarra

“A fábrica do alemán”. Museo Meirande.

O Centro de Interpretación da Batalla e do Patrimonio Cultural de Rande, denominado Meirande, é un museo que xira en torno a dito acontecemento e que tamén incide no patrimonio cultural-industrial e natural localizado na ensenada de San Simón. Está situado na parroquia redondelá de Cedeira, no estreito de Rande, ao fondo da ría de Vigo.

Así, está ubicada no lugar denominado coma Fábrica do Alemán, as antigas instalacións da conserveira Aboiei. Son por tanto os restos dunha construción de comezos do século XX adicada á salgadura e logo á conserva. Durante a II Guerra Mundial actuou coma centro loxístico de aprovisionamento e exportación de mineral, o wolframio, complementado co cargadoiro de mineral que aprovisionaba aos buques de carga alemáns que alí recalaban nesta época. Destacou neste período o personaxe de Otto Gerdtzen Boyé, “O Alemán”.

Este Centro de Interpretación do Patrimonio Cultural de Rande está enmarcado no Museo Meirande e o seu primeiro obxectivo é procurar sensibilizar e concienciar á cidadanía da enorme riqueza histórica, cultural, artística e natural da zona, para así poder enxalzar e poñer en valor.

Ofrece a través das súas exposicións, módulos, xogos, maquetas e mesmo elementos multimedia. É unha visión conxunta do patrimonio industrial e naval da contorna, aínda que a súa marca indentificativa analiza a lendaria á par que real Batalla de Rande, que trouxo á ría de Vigo tanta fama coma prestixio. Referímonos á literatura e aos cazatesouros.
A Batalla de Rande, tamén denominada batalla de Vigo, foi unha importante batalla naval librada no estreito de Rande (onde se sitúa agora a ponte de Rande) e dentro da enseada de San Simón, no interior da ría de Vigo. Aconteceu un 23 de outubro de 1702 cando se enfrontaron escuadras das coalicións anglo-holandesa e hispano-francesa, dentro do contexto da Guerra de Sucesión Española. Era a “Escuadra da Prata”.
Curiosamente, o afamado escritor Jules Verne, quen visitou Vigo en dúas ocasións,  localizaou neste tráxico escenario bélico, a fonte de aprovisionamento de ouro do submarino Nautilus na súa novela “20.000 leguas de viaxe submarina”.

Como resultado da vitoria inglesa, Vigo deu nome a unha rúa en Londres, coñecida como Vigo Street e e na cidade de Vigo hoxe existe a céntrica rúa de Londres.

Entre as pezas a destacar do Museo podemos sinalar entre moitas outras, as súas dúas máquinas de vapor de finais do século XIX, maquetas de galeóns, a recreación dunha adega dun galeón a tamaño real, unha réplica exacta dun lingote de prata, uniformes, armamento ou mesmo unha cámara de navegación que inclúe un gran número de elementos de cartografía coma compases, mapas ou astrolabios da época

Conta tamén cunha sala de proxección de audiovisuais onde se presenta unha recreación da Batalla de Rande, ademais dun magnífico documental sobre os valores naturais da enseada de San Simón, con protagonismo do choco.

Para máis información e horarios podes consultar en Museo Meirande

Premer sobre as imaxes para as poder mirar ampliar:

 

Imaxes: © Basilio Cegarra e Paco Álvarez (ponte de Rande)

 

 

Share This