ECIMAT

A ECIMAT ben de recibir a acreditación de centro singular de investigación de Galicia

O pasado xoves, día 2 de febreiro, tivo lugar en Santiago de Compostela o acto de entrega das acreditacións aos cinco centros singulares de investigación de Galicia (Citic, Ciqus, Cimus, Cinbio e Ecimat) e as dúas agrupacións estratéxicas consolidadas (Citius e AtlanTIC). Os sete centros distinguidos no acto, que xeraron un valor de preto de 28 millóns de euros no trienio 2013-2015, teñen garantido segundo a Xunta de Galicia un financiamento estable ata 2019: máis de 13 millóns de euros que beneficiarán aos máis de 700 investigadores que os conforman. “Con este investimento buscamos proxectar o traballo destes sete centros cara ao eido internacional”, indicou o Presidente da Xunta de Galicia.

Premer sobre a imaxe para a poder ampliar:

Share This