gaviota5

A curta “Nos Tellados” amosa o comportamento de coidado parental da gaivota patiamarela nun ambiente totalmente urbano

Fauna urbana: gaivotas criando na cidade

Para moitos, as cidades son o último lugar onde procurar comportamentos espectaculares da fauna salvaxe. Para outros, son un hábitat onde, sabendo axexar e sendo paciente, se pode observar escenas de grande valor biolóxico.

Nas nosas cidades pódese observar comportamentos de fauna salvaxe de grande valor biolóxico

gaviota2

Foto: Alex Alonso, BEC

En Ecoloxía Azul diriximos e producimos unha curta documentar que agora presentamos. Nela amósase o comportamento íntimo dunha parella de gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) criando a súa prole nos tellados dunha cidade de GaliciaPontevedra.

A curta “Nos Tellados” amosa o comportamento de coidado parental da gaivota patiamarela nun ambiente totalmente urbano.

Mediante cámaras subxectivas en diferentes ángulos desvelamos o ritual reproductivo da parella, a eclosión dos ovos, a alimentación e o medre das crías ata o seu primeiro voo. Todo isto nun ambiente completamente urbano, porén alonxado das olladas humanas. A seguir deixámosvos a curta “Nos Tellados“:

Créditos:
-Idea e Imaxe - Gonzalo Mucientes
-Realización - Jaime Olmedo
-Música - Longest Year (Scott Holmes)
-Produción - Ecoloxía Azul

gaviota5Foto: Alex Alonso, BEC
Share This