Como compro en cies.gal?

Desde distintas seccións de Cies.gal terás acceso aos diferentes produtos e servizos que as empresas vendedoras comercializan a través do portal. Os produtos preséntanse en portada, divididos por categorías e etiquetas na tenda do menú principal, acompañando a determinados artigos relacionados ou directamente en ficha Web que cada empresa ten en Cies.gal.

Calquera produto ou servizo poderá ser engadido ao carriño da compra, a partir do cal se inicia o proceso de compra.

As condicións da compra establéceas cada empresa vendedora e aplican única e exclusivamente aos produtos e servizos que comercializa a través de Cies.gal. Nestas condicións inclúense os gastos de envío, tempo de entrega, política de cancelacións e devolucións, etc, e atópanse detalladas en ficha Web da empresa en Cies.gal.

<< Volver a FAQ