galicia-birding-pardela

1º CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DE AVES Galicia Birding

Moitos fotógrafos de aves xa están subindo os seus traballos. Non esquezas participar no 1º Concurso de Fotografía de Aves Galicia Birding. De premio, unha estancia para dúas persoas nunha casa de turismo rural nun espazo de interese ornitolóxico en Galicia.

Bases legais:

Envío de fotografías
Dende o 28 de Outubro de 2016 as 00:01 ate o 16 de Novembro de 2016 as 23:59.

Votacións
Dende o 17 de Novembro de 2016 as 00:01 ao 23 de Novembro de 2016 as 23:59.

Participantes
Calquera persoa maior de idade. O gañador ou gañadora deberá poder acreditar a súa maioría de idade presentando o seu DNI ou pasaporte.
A información proporcionada polos participantes será empregada únicamente coa finalidade de xestionar o desenvolvemento do concurso.

Temática
Aves salvaxes de Galicia. As imaxes deberán ser especificamente de aves salvaxes presentes en Galicia, ben sexan residentes, invernantes, estivais ou migrantes. As imaxes deberán ter sido tomadas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Admítense 3 fotografías por persoa. Permítese a edición dixital de brillo, contraste, recorte, balance de brancos, enfoque ou restauración de luces e sombras, pero non a adición de elementos ou a combinación de varias imaxes. Non se aceptarán fotografías con firmas dixitais ou letras. En caso de dúbida poderase solicitar o arquivo RAW da fotografía.

Non se admitirán fotografías de niños, ovos ou polos que poidan supor unha molestia ou perturbación do benestar das aves. Igualmente, a obtención de fotografías que non se ateñan a un procedemento ambientalmente respectuoso ou que sexan ilegais non serán admitidas. (Artigos 54, 57 e 80 da “Ley 42/2007, de 13 de diciembre, del Patrimonio Natural y de la Biodiversidad” e os artigos 51 e 53 da “Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza”).

Envío de fotografías
Quen desexe participar deberá enviar as súas fotografías en arquivo JPG a no prazo de 20 días, entre as 00.01 horas do día 27 de Outubro e as 23.59 horas do día 16 de Novembro de 2016. Deberase indicar nome e apelidos do fotógrafo/, título da fotografía se o tivera, correo electrónico e teléfono de contacto.

Selección de fotografías
As fotografías poderán ser votadas na páxina de Facebook da Axencia Turismo de Galicia entre as 00.01 horas do día 17 de Novembro de 2016 e as 23.59 horas do día 23 de Novembro de 2016, momento no que se pecharán as votacións. Xunto á fotografía será indicado o nome do autor. Gañará a fotografía que teña conseguidos máis votos. O seguinte día hábil ao finalizar o concurso darase a coñecer o nome do gañador, co que nos poñeremos en contacto.

Premio:
O premio consistirá nunha estancia dunha fin de semana para dúas persoas nun establecemento de turismo rural que escolla o gañador do concurso sempre que se atope nalgunha das áreas determinadas de alto interese ornitolóxico detallados na web http://www.turismo.gal/que-facer/birding-in-galicia/os-mellores-lugares?langId=gl_ES. A estancia será de venres a domingo en réxime de almorzos e cea.

Emprego das fotografías
A Axencia Turismo de Galicia resérvase o uso da fotografía gañadora para o seu emprego en carteis, publicacións, web, RRSS ou outras situacións que o requiran, indicando sempre o nome do autor da mesma. No caso de que a Axencia Turismo de Galicia desexe empregar algunha outra foto dos concursantes, pediralle autorización expresa ao seu autor.

Límite de responsabilidades
A Axencia Turismo de Galicia e a empresa organizadora non se farán responsables daquelas participacións extraviadas, derivadas de erros técnicos ou do mal funcionamento electrónico de calquera rede, hardware ou software, erro humano, técnico ou calquera outro tipo que poida ocorrer ó procesar a participación.

A Axencia Turismo de Galicia e a empresa organizadora non serán responsables polos danos ou prexuízos que puidese sufrir o participante ou gañador desta promoción ou do uso do premio ou da insatisfacción cos premios, declinando toda responsabilidade contractual ou extracontractual fronte os gañadores e/ ou terceiros, o que é aceptado por todos e cada un dos participantes.

Igualmente, a Axencia Turismo de Galicia e a empresa organizadora quedan eximidas de calquera responsabilidade no suposto de existir algún erro nos datos facilitados polos participantes que impedira a súa identificación.

Máis información e contacto clicando aquí

Premer sobre a imaxe para a poder ampliar:

Share This