© Ricardo Figueroa

Corvos mariños (I). O corvo mariño grande por Mar de Aves

Corvos mariños

Corvos mariños Phalacrocoracidae

Os corvos mariños son aves mariñas completamente negras, grandes, pesadas e de longo pescozo.

Excelentes mergulladores, aboian pouco e ao contrario da maioría das aves mariñas que “voan” debaixo da auga, os corvos mariños propúlsanse coas patas mantendo as ás ben pegadas ao corpo.

Alimentanse de peixe que capturan eles mesmos, tanto de especies peláxicas como de fondo. Moitas especies deste grupo tanto viven en medios mariñoscomo de auga doce. Crían en colonias nas que constrúen niños voluminosos.

Nas costas do Atlántico europeo existen dúas especies, comúns en Galicia e nas Rías Baixas, o corvo mariño cristado e o grande.

corvo mariño cristado é reprodutor, sedentario e exclusivamente mariño, o corvo mariño grande non cría en Galicia máis é abundante tanto na costa como no interior entre setembro e marzo.

CORVO MARIÑO GRANDE (Phalacrocorax carbo)

Premer sobre as imaxes para ampliar fotogalería:

 

CORMORÁN GRANDE / CORVO-MARINHO / GREAT CORMORANT
Phalacrocorax carbo

90 cm de lonxitude × 140 cm de envergadura. Un ave mariña robusta, grande e completamente negra, coas meixelas abrancazadas e bico groso. No tempo da reprodución aos adultos branquéalles a caluga e máis presentan unha mancha branca na perna. Os xuvenís (ata os dous ou tres anos de idade) son de cor parda, máis claros por embaixo.

Este corvo mariño de distribución practicamente cosmopolita, esténdese polas costas do Atlántico europeo y polas do Mediterráneo máis non aniña en Galicia, aínda que é común como invernante, entre finais de agosto e primeiros de abril. Ocupa tanto a ribeira do mar como as augas interiores.

Nas Rías Baixas atópase principalmente no fondo das rías. No Parque Nacional existen varios lugares nos que se xuntan numerosos exemplares a facer noite como ocorre na banda oeste da illa de San Martiño (Cíes) o en Sagres (Sálvora).

Cormoran grande

Podes consultar nesta ligazón: MAR DE AVES Portal das Aves Mariñas das Rías Baixas

Qué é Mar de Aves?: Mar de aves: novo sitio web das aves mariñas do Parque Nacional e Rías Baixas

Descargar de balde en PDF a Guía básica de aves mariñas do Parque Nacional e das Rías Baixas de Nacho Munilla

Imaxe destacada: © Ricardo Figueroa

Share This